Pontenoalla 608772510
Soutopenedo 620598140

NORMAS DE ACCESO E USO DAS PISCINAS MUNICIPAIS

  1. Os usuarios e traballadores destas instalacións teñen a responsabilidade de previr o contaxio da Covid-19 poñendo os medios oportunos para evitalo prestando atención a todas as medidas recomendadas.
  2. Todas as instalacións municipais cumpren cos requisitos de limpeza, desinfección e control que establecen as autoridades sanitarias da comunidade e o municipio.
  3. O acceso ás instalacións farase pola entrada principal, respectando sempre os sinais de distanciamento.
  4. É obrigatorio pasar polo control de temperatura corporal e limpar as mans co hidroxel que estará dispoñible na porta de entrada.
  5. Colocarase na entrada unha alfombra desinfectante para o calzado de todo aquel que acceda ás instalacións.
  6. Cada bañista recibirá na entrada una bolsa de plástico na que recollerá o material desbotable e a depositará pechada no contenedor de lixo ó abandoar as instalacións.
  7. O bañista utilizará a máscara nos espazos comúns e na entrada e saída das instalacións.
  8. Non está permitido fumar e comer dentro das instalacións.
  9. Dentro dos vestiarios manterase en todo momento a distancia mínima de seguridade. Non está permitido o uso das duchas. Evitaranse as aglomeracións e a estancia neles será polo tempo imprescindible.
  10. As zonas de céspede e estancia estarán sinaladas cunha línea de cor branca, nas zonas libres respectarase sempre a distancia mínima de 1,5 metros.
  11. O Socorrista e persoal da instalación controlarán a distancia dos bañistas tanto nas zonas de céspede coma nos vasos.
  12. En cada instalación haberá unha sala de enfermería habilitada con botiquín a disposición dos bañistas.
  13. O horario das piscinas municipais será de 13:00 a 21:00 horas repartido en dúas quendas de 4 horas ( de 13:00 a 17:00 e de 17:00 a 21:00 horas ).
  14. O acceso ás instalacións farase mediante compra das entradas na páxina web piscinassancibrao.com
  15. Abonos
    • Poderanse mercar abonos de tipo "Infantil ata 16 anos" e "Adulto"
    • So se poderá mercar un abono "Adulto" por DNI.
    • Os fillos que non teñan DNI deberán poñer como DNI o do pai/nai/titor
    • Se o DNI está empadroado no Concello de San Cibrao das Viñas, aplicarase a tarifa de "Empadroado"
    • Os abonos mercados levarán un "Nº de Abonado" que se usará para mercar as entradas de cada día (a custe 0,00 €)
    • Os abonados deberán levar o abono impreso ou no movil para acceder as instalacións
    • So se poderan mercar entradas co "Nº de Abonado" para unha única quenda ó día.
    • As persoas que teñan mercado un bono de tempada deberán igualmente mercar as entradas para cada quenda que queiran acudir as piscinas. No momento de identificarse co seu "Nº de Abonado" o precio das entradas será 0 €
  16. Entrada Libre
    • Poderanse mercar entradas de tipo "Infantil ata 3 anos", "Infantil ata 16 anos", "Adulto" e "Maior de 65 anos"
    • So se poderá mercar unha entradas de "Adulto" ou "Maior de 65 anos" por DNI para unha única quenda ó día.
    • Os fillos que non teñan DNI deberán poñer como DNI o do pai/nai/titor, que os acompañará no momento de acceder as instalacións
    • Cada entrada mercada levará un código QR que o usuario deberá ensinar ó persoal da entrada.
    • No caso das entradas "Maior de 65 Anos" se o DNI está empadroado no Concello de San Cibrao das Viñas, aplicarase a tarifa de "Empadroado"
    • A hora de comprar as entradas será necesario seleccionar a piscina e a quenda a que se vai acudir.
  17. As persoas deberán presentar o DNI ou o "Abono de Tempada" ó acceder as instalacións.
  18. As persoas que por algún motivo especial non podan mercar entradas a través da páxina web, poderán facelo persoalmente na entrada da instalación sempre e cando quede aforo dispoñible.
  19. O non acudir reiteradas veces poderá ser motivo de sanción.
  20. Unha vez finalizada a quenda o usuario abandonará as instalacións o máis axiña posible para evitar aglomeracións e non interromper a entrada dos seguintes usuarios.
  21. Os prezos da tempada 2020 serán.
Entrada Libre Empadroado Non empadroado
Infantil ata 3 anos 0,00 euros * 0,00 euros *
Infantil ata 16 anos 1,00 euros 1,00 euros
Adulto 2,00 euros 2,00 euros
Maior de 65 anos 0,00 euros * 2,00 euros

* Inda que o custe destas entradas sexa 0,00 € será necesario mercalas para controlar o aforo das piscinas.

Bono Tempada Empadroado Non empadroado
Infantil ata 16 anos 10,00 euros 40,00 euros
Adulto 10,00 euros 40,00 euros

Teléfonos das piscinas municipais:

Pontenoalla 608772510
Soutopenedo 620598140

Xa a venda as entradas Verán 2020

Síguenos